
Pensabas que xa percorreras todos os Camiños de Galicia?
Regresa á ancestralidade da peregrinación seguindo a Ruta de Ignacio Taverneiro!

Mentres non o fagas sempre che quedará un por percorrer!

Un percorrido polo interior da provincia de Pontevedra, salpicado de decenas de lugares de gran interese cultural e natural, nada masificado, e que che vai permitir disfrutar do recollemento interior e regresar ás antigas peregrinacións.
Contacto e redes
Descúbreo!
🚶♀️🚶♂️🚶♀️ 130 Km listos para os teus pés! 🚶♂️🚶♀️🚶♂️
Guía do percorrido e do patrimonio.
A guía creouse coa intención de que o camiñante poida levar consigo unha publicación en formato papel que poida consultar cómodamente sen ter que recurrir ao uso de pantallas. Está escrita en galego, consta dunhas 185 páxinas a cor e contén información das distancias, sitios para dormir e datos sobre o patrimonio natural e cultural.
Pódese mercar en:
- Amazon: https://amzn.eu/d/57yxT7o (20 € aprox.)
- Salvaterra: zapatería Togui´s (15 €)
- Ponteareas: tenda Adobiarte (15 €)
- Carballedo (Cotobade): estanco Cuiñas (15 €)
- Santiago: tenda A Rúa Recordos

Reconto de peregrinos
Nacionalidades:
España, Portugal, Australia, Hungría, Italia, Brasil, Eslovenia, Ecuador, Rusia, China y Alemania.
Ano 2022: 92 a pé (total en fotos 92; estimados 92).
Ano 2023: 110 a pé e 12 dacabalo (total en fotos 122; estimados 140).
Ano 2024: 120 a pé e 14 dacabalo (total en fotos 134; estimados 154).
Ano 2025: 386 a pé e 16 dacabalo (total en fotos 402; estimados 462).
Ano 2026 (ata 31/07): 302 a pé e 8 dacabalo.
Estes datos son dos que obtivemos fotografías (moitos non autorizan foto e publicación) ou pararon en bares colaboradores, pero estímase que as cifras totais de camiñantes debe ser polo menos un 15% superior.
En bicicleta, como mínimo, pasan tantos como a pé, pero non se leva reconto.
Reserva os aloxamentos varios días antes de empezar.





