Manuel compón unha cantiga do camiño

O sábado 12 de abril o grupo Tiramillas, guiado por Lola, percorreu o tramo dende A Estrada ata Rarís e Manuel, un dos seus integrantes, mandounos esta estupenda cantiga sobre o camiño:

De Monçao a Ponteareas,
Imos facer o camiño,
Que escomenza en Salvaterra,
O camiño Taverneiro,
Que nos leva a Compostela,
O camiño Taverneiro,
Que nos leva a Compostela.

( estribillo )

Tiramillas vai,
Tiramillas vai,
con cautela,
para desfrutar,
un pouquiño máis,
desta terra,
Tiramillas vai,
Tiramillas vai,
con xeitiño,
para desfrutar,
un pouquiño máis,
do camiño,
Con cautela,
e con xeitiño,
desfrutas máis,
do camiño.
Saíndo de Ponteareas,
continuamos o camiño,
saíndo de Ponteareas,
primeiro pasamos Pazos,
e logo Ponte Caldelas,
primeiro pasamos Pazos,
e logo Ponte Caldelas.

( estribillo )

Despois de Ponte Caldelas,
marcharemos cara a Estrada,
despois de Ponte Caldelas,
pasamos o Berberote, Outeiro e Codeseda,
pasamos o Berberote, Outeiro e Codeseda.

( estribillo )

Baixamos a Pontevea,
despois de saír da Estrada,
baixamos a Pontevea,
subir e baixar Montouto,
e xa se ve Compostela,
subir e baixar montouto,
e xa se ve Compostela.
( estribillo )