O sábado 15 de febreiro o grupo do club de montaña Vía Láctea percorreu a etapa desde Ponteareas ata Pazos de Borbén. Se queres acompañalos nas súas próximas etapas podes contactarlles no mail inscricions@clubvialactea.com ou no Whatsapp:604091325.

M. Jesús Iglesias describe así a etapa:
Neste segundo tramo do camiño de Ignacio o Taverneiro, fixemos co Club Vía Láctea, dende Ponteareas ata Pazos de Borbén. Saindo da Igrexa, onde había mercadiño, pasando pola ponte dos Remedios, seguindo o río Tea. Onde había unha praia fluvial equipada de todo tipo de servizos e pasando por lugares moi interesantes como Paredes ou As Cortellas.
Parece que estamos en época de cría, porque vimos años, poldros e cuchos que estaban a pacer nos prados coas súas nais. Tamén vimos entradas de casas señorías de finais do mil oitocentos, que nos deixaron coa boca aberta. O camiño discorre entre vales, plagados de regos e fontes. Con térreos rilleiros e casas en escaleia. Con xente podando as vides e poñendo a roupa fóra a secar.
Pillamos unha chea de muiños en ruinas e hórreos restaurados con ladrillo. Tamén saltos de auga para pillar o salmón, igrexas a cada paso, lavadoiros centenarios, laranxeiras cargadas de laranxas, pedra de cantería por todos lados, galiñeiros tradicionais, abellarizas no medio do monte, cruceiros de todo tipo e xente con acento andaluz.
Máis tarde enterámonos que hai familias de retornados, que de mozos emigrarón para traballar en Córdoba co aceite de oliva.
Como anécdota do día, tívemos o privilexo de poder tomar café recén feito, co bocadillo que levábamos na mochila, nun centro social, que xusto estaba a abrir cando pasamos ó seu carón. Restauraron a casa reitoral e fixeron dela un lugar de encontro para que os veciños poidan ir cando queiran a facer churrasco, festas familiares, xogar ás cartas, ver fútbol cos amigos ou simplemente lerear.
E como remate final, decir, que descubrin un músculo no pé esquerdo, que nin sabia que existía, pero que me tocou as narices os últimos dous kms. Espero que despois de darlle unha noite de repouso; hoxe, pola tarde, me permita ir traballar.
Deixo fotiños de recordo e para que vos fagades unha idea de todo canto hai por estas terras. Que como sempre, a min, nunca me deixan de sorprender.