Relato de María Jesús Iglesias:
Hoxe fixemos o 6⁰ tramo do Camiño de Ignacio Taverneiro co Club Vía Láctea. Dende Os Castros de Quireza ata a Estrada. Foron 20 kms enchoupándonos ata as orellas. Pero a molladura, ben pagou a pena, porque a beleza deste tramo é espectacular.

Ninguén tivo a precaución de levar unha barca, para navegar por estes mares interiores e o que máis e o que menos, non lle quedou outra que facer coma os antiguos arrieros, nos meses máis duros do inverno. Meterse polos térreos altos, mentras os bois ian polo fondo da corredoira, para non acabar enlamados xa nada máis arrincar.
Nós non levábamos bois, pero sí vimos unha chea de gando solto e tamén grandes fincas pechadas, para que eles pudieran andar ceibos, con entradas curiosas para que non escaparán, pero sí poder entrar e sair os humáns.

Este tramo, de todos os que vin, debe ser, o que ten máis carballos por metro cuadrado. Con acibros, arandaneiras, castiñeiros e loureiros tamén. Por sorte, moi pouco eucalipto. Dá gusto camiñar por corredoiras e sendeiros, atraverando bosques autóctonos! O que non me gustou tanto, foi ver múltiples rodas de tractores apoiadas nos balados de pedra. Afean o que de por sí , xa é fermoso, porque a natureza os trae tintados de verde, a non poder máis. Igual que os múltiples prados e brañas, que rouban o sentido, con tanta explosión de cor. Ademáis, chamáronme a atención os frutais en flor e as prantas das patacas novas e dos chícharos xa nacidos.
No lugar das Quintas de Codeseda atopamos unha férveda de 5 metros de altura, con un muiño ó seu carón, digno de ver. Todo metido na espesura dun monte cheiño de musgo e de piar de paxaros.
Non sen perdernos antes. Estábamos tan pendentes de non meter os pés nas pozas, que nos saltamos unha das cintas laranxas que nos poñen para marcar o camiño. Como facían no conto de «Pulgarcito» coas migas do pan.

Logo a maioría do camiño, xa non precisa moita señalización extra, porque se poden seguir as marcas do camiño da Geira e dos arrieiros.
Pasamos por Tresaldeas, Quintas, Codeseda, Paredes, A Consolación, Tabeirós e Guimarei. Rematando na Estrada.