Relato de María Jesús Iglesias:
5ª etapa: Carballedo-Quireza co Club Vía Láctea, facendo o Camiño de Ignacio Taverneiro.
Foi un día espléndido de sol, onde vimos todo tipo de bicheria: cabalos, vacas, ovellas, galiñas, cans e ata lagartos arnais. Todos eles posaron para a ocasión, coas súas mellores galas e fixeron, que o meu sorriso ó velos, se abrira de orella a orella.
Pasamos por corredoiras maravillosas, capelas, igrexas, cruceiros, fontes, ríos e lavadoiros.
A primavera, fixo acto de presencia en todo momento. Había unha chea de frores silvestres e de árbores abrochando nas súas follas.
Dóuseme por subír a un campanario e a meterme entre os cascallos de restos de caseríos en ruinas. Por momentos, sentirme coma unha nena brincando entre as pedras do camiño para non mollar os pés, coa auga encharcada dos días anteriores.
Tiven a sorte de ser convidada a comer churrasco na Festa San Xosé, que fan todos os anos no adro da Igrexa, os veciños de Fondós, en Quireza. Sorprendeme a súa xenerosidade con todos nós e o feito de querer conservar as tradicións, xuntándose todos os veciños para a ocasión, incluso os que xa non viven alí habitualmente, polo menos, unha vez no ano.
A verdade é que foi unha ruta moi agradecida. Tamén, fomos os primeiros en levar nas nosas credenciais o primeiro selo própio do camiño taverneiro. Das máns dunhas chicas que estreaban centro social para recibir ós peregrins na parroquia de Pedre. Onde contan cun grupo de 22 horreos e unha ponte romana espectacular.
Como dato curioso, chamóume moito a atención a cantidade de bañeiras que había nos prados e que usaban de bebedoiros para o gando e o silencio gratificante a cada paso. Só interrumpido polo canto de algún paxariño, a auga do rio ou os cencerros que levaban colgados ó pescozo algún dos cabalos salvaxes.




